miércoles, 5 de febrero de 2014

EVIDENTEMENTE, HABÍA AUGA NO ACEITE

Esperamos a ver o que pasaba ao deixar decantar o aceite a temperatura ambiente despois de forte axitación manual no funil, e tras 16 horas obtivemos...o esperado

Unha separación de fases clara e definida. A inferior dunha cor amarela clara, acuosa e con outros componentes polares (calquera impureza que contiña o aceite despois de cociñado). A superior máis alaranxada: o noso aceite de partida...pero máis seco.
Aproximándose máis pódense apreciar aínda pequenas gotiñas de auga emulsionando o aceite. Posiblemente quentando un pouco forzariamos  unha mellor separación de fases.
Pero o máis importante é que esta é unha proba evidente e irrefutable de que o noso aceite de partida contén máis cousas que o propio aceite, principalmente auga, o cal nos pode complicar un pouco a síntese.
Por iso será necesario empregar algún método para secar previamente o aceite de partida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario