jueves, 30 de enero de 2014

1ª SESIÓN

Hoxe xoves día 30 de xaneiro tivemos a primeira reunión. Fixémolo despois das clases, antes de comer, porque a idea era que fose rápida.
Tratábase de ver como foran as investigacións sobre o tema e sobre elas explicar eu as liñas máis salientables do que pretendíamos facer. 
En tres cuartos de hora botámoslle unha ollada ao documento de google drive que construiron entre varios deles e que, para ser o primeiro, non está nada mal. O caso era familiarizarse con este entorno de traballo, novidoso para eles.
O resultado pódelo ver neste enlace
Aquí tedes ao grupo atendendo a Marta, que introduxo un pouco como fixo para conectarse a "google drive" e visualizar o documento

E aquí Marta explicando algo desta ferramenta tan práctica que nos proporciona Google, que permite traballar "on line" sobre un mesmo documento varias persoas á vez, sen preocuparse de gravar nada porque se grava automáticamente. É moi boa para traballo en grupo; sen necesidade de estar fisicamente xuntos pódese elaborar un documento.


O próximo martes temos pensado entrar xa no laboratorio para preparar o producto de partida.


viernes, 24 de enero de 2014

ARRANCAMOS...

Benvidos a bordo nesta viaxe que agora comeza e que esperamos que resulte o máis frutífera posible. Queremos percorrer varios campos pero sempre impulsados pola forza dun novo combustible: o biodiesel.
Partimos de cero pero coas pesquisas de Bieito, David, Carlos, Adrián, Silvia, Carla, Juan, Verónica, Nerea, Antón, Marta e Nazaret, alumnos/as de 4ºESO do CPI de San Sadurniño, seguro que axiña nos poñemos ao día.
O que aparecerá despois disto só pretender reflectir como se xesta unha investigación científica desde o principio e serán os propios alumnos implicados, os encargados de contalo. Eu, Guillín, o seu profesor de FeQ, farei un pouco de moderador, un pouco de condutor, un pouco de "guía turístico" pero serán eles os que marcarán o ritmo da viaxe e o destino no que deciden baixarse.