sábado, 15 de marzo de 2014

A PIQUES DE REMATAR: PENÚLTIMA REFLEXIÓN

Practicamente rematamos o traballo experimental. Soamente nos queda completar as medicións de viscosidade por método cannon-fenske no resto das probas e de densidade nas que se poida introducir o densímetro. Queda aí a espiniña cravada do método de Stokes, pero só o volveremos a intentar se atopamos a esfera axeitada que caia lentamente polo biodiesel abaixo...
e con isto xa dariamos por concluída a fase de laboratorio.
O seguinte paso é reflexionar sobre o cúmulo de resultados obtidos e decidir as mellores condicións para levar a cabo o ensaio a gran escala para obter unha boa cantidade de biodiesel co que facer funcionar un artefacto mecánico, sexa a nosa caldeira do colexio, sexa un vehículo, sexa un motor calquera...era o noso obxectivo inicial: converter o aceite usado noutra substancia (biodiesel) de maior valor e aplicabilidade.
Polo tanto agora toca volver a traballar en grupo, poñer en común as ideas que sacamos da investigación e deixar constancia por escrito de todo o traballado nas 9 sesións presenciais levadas a cabo mediante a elaboración dun informe científico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario